Tal e como recollen os estatutos en vigor da nosa asociación procédese á convocatoria de eleccións á Xunta directiva de A.G.A. co seguinte calendario:
– A 3ª e 4ª semana de setembro “Presentación de candidaturas”. As candidaturas enviásense por mail á dirección info@localhost, o presidente confirmará a recepción das candidatura por correo electrónico á persoa que encabece a candidatura.
– O tres (3) días inmediatamente posteriores á 4ª semana de Setembro “Proclamación de Candidaturas”. – Os tres días seguintes, as “Impugnacións”.
– A partir do día seguinte e ata o 4º día incluído da 3ª semana de Outubro a “Campaña Electoral”. Para este período, a Asociación facilitará aos candidatos as direccións dos asociados coa finalidade de que poidan facer chegar aos mesmos os seus programas electorais. –
O sábado da 3ª semana de Outubro “Elección e Proclamación”. comezará a xornada de votación que será realizada no lugar e tempo indicado na correspondente convocatoria.