É unha satisfacción comunicar que hoxe se rexistrou o socio 1.000 da nosa asociación. Damos a benvida a Javier Fernández como novo socio de A.G.A. Esperamos seguir crecendo e seguir sendo un referente a nivel estatal, sendo a asociación máis grande e seguir defendendo os dereitos dos autocaravanistas e traballando para seguir mellorando as condicións para practicar a nosa forma de viaxar.